A ría de Arousa en dorna

Mayo 2011

Patricia Manel e un servidor, dispoñémonos a pasar un domingo de primavera navegando na dorna Viquinga. Dous días antes acordaramos saír a navegar pola Ría e de paso parar a comer nalgún porto que nos coincidise ben. Con este plan pouco improvisado e sen ningún destino fixo, quedamos no club náutico de Ribeira ás 10:30 h para tomar un café.

Como o día prometía e moito, dirixímonos ao amarre onde estaba a dorna e empezamos cos preparativos. Da nave do Club Lajareu por Barlovento collemos o mastro, o temón e a vela. O resto, remos, cana, chalecos e vara de portar xa estaban a bordo. Achegamos a Viquinga á praia para aparellala. Unha vez preparado todo, embarcamos soamente coa cámara de fotos, auga e roupa de abrigo. A comida tiñámonola/tiñámosnola que gañar e buscar un porto onde descansar e repoñer forzas.

Despois de estudar o parte “méteo”, algo imprescindible antes de calquera singradura, as condicións para a navegación a vela parecía que serían moi boas durante toda a xornada. Cun vento Norte de forza 3-4, marcamos un rumbo E- NE que nos levaría directamente á illa de Arousa. Avanzabamos a uns 3-4 nós de velocidade pero non tiñamos ningunha présa, só necesitabamos estar alí cara ao mediodía para cando nos entrase a fame. Se non cambiaba o vento, nun par de horas estariamos en terra. Para este tipo de navegacións pola Ría, case nunca levamos máis que a vela e os remos, co cal sempre hai un espazo para a incerteza da que hora chegaremos ou se o vento quedará totalmente. Cando ocorre que decide entrar unha calma, non nos queda outra que, ou esperar a que volva entrar vento, ou armarse de paciencia e empezar a remar. Como a previsión estaba a cumprirse, aínda que baixou un pouco en intensidade o vento, sobre as 13:30 h estamos a entrar no peirao norte da illa de Arousa, “porto do Xufre”. Despois de amarrar e dar un paseo polo pobo, sentámonos nunha terraza que dá ao mesmo peirao desde onde controlamos a Viquinga e todo o tráfico que se pode mover un domingo nun porto pesqueiro e pequeno como este, é dicir moi pouco.Ao acabar a comida a base de peixe fresco e mexillóns ao vapor, tomamos un café e case á vez recibimos unha chamada dun colega. Loureiro, que estaba a pescar co seu zodiac moi preto de onde nos atopabamos, quedouse sen motor e non daba coa avaría.Saímos ao seu encontro, que estaba máis ou menos a unha milla do porto. Pouco máis tarde xa o estabamos vendo desde a distancia, nun saínte cara ao leste que estaba bastante rodeado de pedras medias ocultas e entre augas.Dirixímonos cara a onde se atopaba e antes de entrar na zona de rocas, baixamos a #ver gardando unha distancia de respecto xa que o mesmo vento empuxábanos cara alí. Medio gritando para que nos entendese ben, dicímoslle que prepare un cabo de remolque e a continuación que vaia levantando a áncora. Mentres nós a bordo esperamos a que nos avise.No momento que Loureiro nos fai o sinal de que xa está preparado, dígolle a Manel que levante a vela para poder achegarnos, Patricia sería a encargada de recoller o cabo e amarralo na dorna para saír de alí canto antes e así evitar tocar algunha pedra que xa se empezaban a ver ao redor.

Cando estabamos a uns 5 metros de separación dicímoslle a Loureiro que nos tire o cabo para amarralo. Este queda un pouco escaso e temos que soltar escota para parar a nosa arrancada á vez que viramos por proa. Nese momento baixamos a ver para que a Viquinga queda á expectativa e a barlovento da zodiac. Deixámonos levar un ratito polo vento cara a onde se atopaba Loureiro, e cando xa estaba outra vez a menos de cinco metros de distancia e preparado, lanza o cabo para collelo Patricia e facelo firme a bordo. Nese momento Manel xa estaba a izar de novo a vela e Eu cazándoa para poñer o novo rumbo que nos sacaría de alí sen contratempos.Unha vez que estamos a remolcar a zodiac, Loureiro dinos se o podemos achegar ata a praia de “As Sinas” en Vilanova, que está a dúas ou tres millas de distancia. O vento, de través, permitiunos levalo ata alí con relativa comodidade e aproveitamos para facerlle unha visita a uns curmáns meus que teñen unha casa nesa mesma praia.Despois de desembarcar, estes recíbennos xunto cunha irmá miña e uns amigos que estaban tamén visitando á familia. Convídannos a un refrixerio e pasamos un intre agradable con todos eles.Preto das 6 da tarde decidimos retomar a nosa travesía xa que nos quedan unhas 11 millas ata Ribeira. Partimos de novo, esta vez con rumbo W (270º) e un moi bo vento do norte que sopraba cunha intensidade de preto de 15 nós e unha temperatura máis que agradable tendo en conta que estabamos en maio. Navegamos a unha boa media de 5 nós o que nos levou directamente ata o noso destino e onde chegariamos cara ás 20:30 horas sen ningún contratempo. Cando as condicións son boas, como o foron ese día, este tipo de travesías en dorna pola Ría son un auténtico pracer, sobre todo cando vas acompañado de boa xente.Grazas a Manel e Patricia.Grazas tamén a Isabel, Felipe, Espe, Manolo, Ceci, o outro Manel e Rosa, Loureiro e a pequena Xiana, pola súa hospitalidade.

Un forte abrazo.

Arousa Náutica.